Ir al contenido principal

Pastel de carne e patacas

Ir a receita en castelán

Que tal amigos andamos outra vez por aquí, para traer nesta ocasión un clásico da cociña: o típico pastel de carne e patacas, prato que sempre gusta e moi aceptado polos máis cativos da casa.
Con este tempo que está entre vou non vou, xa empeza a apetecer algo con legumes. Xa hai gañas de meter a culler.
Pero imos co que nos ocupa, e para elo imos a necesitar:

4 patacas boas
200 grs de carne picada de porco
200 grs de carne picada de tenreira
100 grs de queixo relado
1 ovo (moi fresco)
1 pemento verde
1 cebola
1 dente de allo
Prebe de tomate
Ourego
Pementa
Pirixel
Manteiga
Aceite e sal

Poñemos a cocer as patacas con pel, cando estean deixamos atemperar, pelamos e pasamos polo pasapurés ou chafamos cun garfo. Salpimentamos, batemos un ovo e engadimos o puré (ten que ser moi fresco, pois vai cru), pirixel picado e incorporamos dúas ou tres noces de manteiga. Mesturamos todo ben. Reservamos.
Picamos o allo e a cebola e poñémolos a facer nunha tixola con un pouco de aceite. Picamos tamén o pemento e botámosllo a cebola e o allo. Salpimentamos e deixamos facer o conxunto.
Cando as verduras estean no seu punto, incorporamos as carnes e refogamos ben, neste momento incorporamos unhas follas de ourego e unha vez ben refogada as carnes, botamos o prebe de tomate, mesturamos todo e rectificamos de sal e pementa se fose necesario. Deixamos facer a lume brando ata que evapore o exceso de liquido do prebe.
Para a presentación usamos uns moldes, nos que na base poñemos unha capa de puré de patacas, seguimos con outra capa de carne e rematamos con outra capa de puré de patacas.
Por riba do pastel poñemos o queixo relado e levamos o forno uns minutos.
Desmoldamos no centro do prato e servimos.
Delicioso e completo prato que podemos acompañar con prebe de tomate.