Ir al contenido principal

O Paseo das Termas

Ir a entrada en castelán

Levaba xa algún tempo con gañas de facer esta entrada, e agora chegoulle o momento.
Trátase de un agradable paseo de unhas 2 horas de duración (mais tempo de pararse a ver e mais baño se corresponde) e unha distancia de entre 8 e 9 quilómetros.
Imos a arrancar o paseo dende o Parque da Ribeira de Canedo e pasando por debaixo do arco da Ponte Vella, seguiremos o curso do río pola súa marxe dereita. Nada mais pasar a arcada da ponte, aparece ante nos unha fermosa ribeira na que unha vez pasado o hórreo, debemos volver a vista atrás para ver un bonito conxunto no que a Ponte Vella é o elemento principal.
Andando un pouco mais encontrámonos con outra ponte froito da modernidade, a Ponte do Milenio.
De seguido pasamos por un pequeno parque no que destaca a pirámide, obra de Acisclo Manzano, e homenaxe os maios.
Este parque é preludio das primeiras termas que nos imos a atopar, as de A Chavasqueira. A dereita uns baños de pago e a esquerda de gratis. Estás foron o primeiro paso do termalismo o pe do Miño.
A escasos metros das termas poderemos observar outra estatua de Acisclo Manzano, A Sirena, que unhas veces verase enteira e outras de xeito parcial. Depende do río.
Continuamos polo camiño e recíbenos un amplo espazo verde con elementos para facer exercicios e que precede O Tinteiro. Moito antes do empuxe que tomou o termalismo, a xente xa viña a tomar as augas a este sitio.
Recentemente arranxado esta de uso mais cómodo.
Seguimos o camiño de terra ata o momento que se xunta ca pista roxa que nos levará ata Outariz.
Durante o percorrido poderemos ir observando este precioso río e é moi fácil observar as aves que o tomaron polo seu habitat.
Pasamos por unha zona de descanso e de xogos infantís, para de seguido aparecer ante nos outra ampla zona verde que da pe as Termas da Muiño da Veiga.
A vista xeral de esta zona permítenos ver cara o río as pequenas illas que nel se formaron. Nestas illas a fauna e a flora permanecen sen a agresión de nos os humanos.
A poucos metros andados outra zona verde indícanos que estamos a chegar a Outariz. Primeiro, a esquerda, pasaremos polas de pago e seguindo para adiante entraremos nas de uso público. Desde este punto avistaremos a pasarela que supón a metade do noso paseo.
Antes de chegar as Termas de Outariz pasaremos por unha zona axardinada na que había toda clase de herbas aromáticas e medicinais, hoxe so quedan unhas poucas, pero é de sinalar o agradable olor a lavanda e romeiro.
Primeiro encontramos as Termas de Outariz e do outro lado da pasarela as Pozas de Canedo.
Poñémonos a cruzar a pasarela e merece a pena parar uns minutos no medio para ver as fermosas vistas do río, a un lado e a outro. E si o río o permite tamén se poderán ver as voraces carpas americanas cas que repoboaron o noso río e que arrasan con todo.
O pasar a pasarela o camiño vólvese a tornar de terra, penso que moito mais agradable para andar.
Iremos remontando o río, pola súa marxe esquerda, e verémolo desde outra perspectiva.
A pesar de que nesta ribeira non hai termas, o paseo faixe moi agradable (salvo cando se pasa a altura de depuradora).
O longo do percorrido será fácil observar sobre todo patos, gaivotas, garzas e corvos mariños. Tamén hai o martín pescador pero eu non o vin.
Seguimos o camiño gozando do río e si queremos facer un descanso un pouco mais adiante entraremos no que era o campo da festa de Reza e agora é unha fermosa zona verde.
Un pouco máis adiante e nun apartado do camiño, hai unha fonte da que din que as augas son boas para as enfermidades da pel (soriasis entre elas).
Xa pouco nos queda do noso percorrido e a vista das pontes indícanos que xa estamos chegando o punto de partida, que foi a Ponte Vella, o noso final.
Para todos os nosos visitantes, este ven a ser un percorrido case indispensable, xa que non lles vai a levar excesivo tempo e van a poder tomar un baño nas nosas augas termais.