Ir al contenido principal

Juan Mari Arzak en Ourense

 
Como xa anunciara estes días atrás, onte día 10, estivo Arzak en Ourense.
Estivemos ante un home afable, humilde e sobre todo con gañas de comunicar a súa experiencia e compartila cos demais. Neste aspecto non me defraudou sobre a idea prefixada que eu tiña del. Evidentemente sobre a profesional non me asoma nin a máis mínima dubida.
Arzak veu a Ourense da mao de Cuevas, dentro do ciclo do Foro da Castaña e a conferencia foi no Centro Cultural Simeón.
Sobre este produto, louvou a súa excelente calidade e o cuidado que debe terse na hora de traballala. Indica que é preciso encontrarlle o punto exacto, pois é moi fácil estragala.
Falou de dous produtos que realzan o seu sabor, o ron e o fiúncho. A castaña é para a alta cociña un artigo de luxo, pero difícil de traballar e que a castaña realza  o sabor dos pratos de caza maior.
Xa en referencia a cociña galega, comentou que esta tiña un problema principal, a excelente calidade do marisco que ten e que tapa o resto de produtos de calidade de Galicia.
Fala da cociña galega coma unha cociña emerxente con un gran futuro. Unha cociña que soamente lle falla eclosionar.
Con respecto os viños louva o Ribeiro e o Albariño, que xunto co txakolí son os mellores viños brancos de España.
Comenta que toda a modernidade na cociña non sirve para nada sen un bo produto e sobre todo sen esquecer as raíces.
A cociña, o igual que o resto, ten que evolucionar. Hai que actualizar os pratos da aboa.
Dixo algo que a min pareceume moi importante "Hai que incentivar o risco". En esta frase esta defendendo o dereito a equivocarse, "quen non se equivoca, non evoluciona".
Falou dun principio fundamental; a humildade, a non competencia e si a colaboración con outros colegas.
España a diferenza de outros si evolucionou sobre a cociña popular e sobre todo que non se pode falar de cociña española. España é un mosaico de cociñas.
Grazas Juan Mari Arzak por esta deliciosa conferencia que deu en Ourense.
Ata pronto.

Nota: a foto na que aparezo con Juan María Arzak, aínda que leve a miña marca de auga, é xentileza de Rubén Amorín (Ni mata ni engorda).