Ir al contenido principal

Empanada de polo con verduras

Ir a receita en castelán

Que tal compañeiros, por aquí un día máis metido nesta historia da cociña.
Hoxe dámoslle a empanada, un produto tipicamente noso e que é admirado en todas partes.
Unha advertencia non fixen a masa, use masa fresca da La Cocinera que da un resultado bastante bo, non é o mesmo que a masa feita pero sácate de un apuro.
O loro, o que teña tempo que faga a masa a súa maneira, dálle outro toque.
Necesitaremos:

2 paquetes de masa La Cocinera
2 ovos
1 cebola grande
1 porro
1 pemento roxo
1 cabaciña mediana
2 dentes de allo
1 vaso de tomate triturado
Aceite e sal

Cocer os ovos, pelalos e reservar.
Dourar o polo na prancha e cortar en anacos.
Refogar a cebola, o porro e o allo nun pouco de aceite. Cando estea branda engadir o pemento e a cabaciña en anacos pequenos. Sazonar e sofritir entre 15 e 20 minutos.
Unha vez listo engadimos o pollo, os ovos e o tomate. Deixamos facer uns minutos para a mestura dos sabores.
Estiramos unha das masas e cubrimos ca farsa preparada, deixando espazo polos lados para poder pechar.
Estiramos a outra masa e cubrimos a farsa. Pechamos polos laterais e deixamos un burato no medio para que saia o vapor.
Pintamos con ovo batido e o forno a 200º entre 25 e 30 minutos, xa ides vendo a cor que toma.
A mestura das verduras é xenial.