Ir al contenido principal

Vento do sul

Estes días atrás, o ir a mercar o libro de Rocío Garrido de La Cocina de mi Abuelo, "Cociñando coas razas autóctonas", levei unha agradable sorpresa o ver que na Livraría Torga houbo algúns cambios.
No local no que desenrolaba a súa actividade a Livraría,  houbo un proceso de fusión.
Baixo o nome xenérico de Vento do Sul, ábrese un novo proxecto no que no espazo xa existente e que se inclúe a propia Livraría Torga, agrégase o Comercio Xusto de Solidaridade Internacional Galicia, Boabab ecocrianza, Difusora Letras, Artes e Ciencias e Catapiro Xogos-Tradicionais.
Dentro deste espazo no que cada un está identificado con unha cor distinta, existe unha pequena sala de lectura e pódese desfrutar da degustación dos produtos do Comercio Xusto.
Longa vida o proxecto.