Ir al contenido principal

Revolto de champiñóns e gambas

Ir a receita en castelán

Que tal, como lo imos levando, rematou o tempo de lecer e arranca de novo a rutina diaria. Levalo con alegría pois xa falta menos para o do ano que ven (se a autoridade competente no lo permite).
Como viredes cansos algo sinxelo para unha cea ou de primeiro do xantar.
Como xa case é costume non vou a dar cantidades, a proporción vai o voso gusto.
Pois ben necesitaremos o seguinte:

Ovos
Champiñóns
Gambas
Allo
Pirixel
Aceite
Sal e pementa

Pois ben sinxelo, limpamos os champiñóns, cortámolos en láminas e salteámolos xunto co allo e o pirixel ben picados. Pelamos as gambas. Batemos os ovos, salpimentamos, engadimos os champiñóns e as gambas e o lume (que non estea moi forte).
Imos remexendo para que calle o ovo, pero deixando que quede meloso.
Tedes a opción de incorporar un pouco de queixo fresco que se derreta xunto co ovo.
Non deixar que se arrefríe, sería unha pena.