Ir al contenido principal

O lar dos cregos

Esta entrada en lugar de ir no grupo de "Sitios onde comín", debería de ir noutro novo que puxera sitios onde non comín.
O pasado mércores, festivo, decidimos acercarnos a Sta. Baia con fin de xantar en O lar dos cregos. Chegamos o sitio sobre as 14,20 e xusto diante nosa unha mesa de catro e outra de dez, nos éramos tres.
Cando lle digo que somos tres a xantar "en un segúndiño", claro preguntamos de canto era o "segundiño", de 15 minutos máximo. Decidimos quedarnos e non buscar outro sitio.
As 14,50 (xa pasaran 30 minutos) que no comedor non ía a haber mesa (entendo que cando aceptaron a de catro e a de dez xa sabían nese momento que non nos ían a poder a atender. A que veu mentir?) e que si queríamos que nos montaban unha na "terraza". Terraza por chamarlle algo, pero dada a hora, era case perfecta.
Como atendendo o comedor había soamente unha persoa, que por certo esforzábase en facer o imposible, a espera foise prolongando. Pola fiestra víamos a mesa de 10 que cando nos sentamos aínda non lles deran as cartas para escoller.
Sobre as 15,10 trouxéronnos a carta, evidentemente para non acumular máis demora escollemos coma raios, pero non serviu de nada.
As 15,55 decidimos levantarnos e irnos. Coméntolle o que atendía o comedor, que non é de recibo, que era máis honrado pola súa parte, que no primeiro momento se nos dixera que non sería posible darnos de xantar.
Pero o peor xa non foi a espera, nin o mal  humor, nin tan sequera o non xantar, para min o peor foi que unha muller que estaba a xantar nunha mesa preto de fiestra que daba a "terraza" e que entendín que debía ser a encargada ou dona do sitio e que estaba moi atenta a nosa conversa, non ofreceu unha mínima desculpa e iso que cando estaba a falar co que atendía a sala estaba alí o lado. Gran categoría profesional.
Non vos podo dicir se a cociña é bou ou mala, e pódovos asegurar que xa non me interesa.
Un sitio o que non ir.