Ir al contenido principal

I Festival Interrexional de O Barbaña

O pasado mércores día 29, tivo lugar na Praza de San Marcial de Ourense, o I FIB (Festival Interrexional de O Barbaña).
Nunha noite moi agradable e nun ambiente distendido e totalmente entregado os artistas, e tamén degustando uns exquisitos petiscos ecolóxicos, foron desfilando polo magno escenario nove grupos, que facendo un alto na súa apertada axenda de xiras estivais, deleitáronnos, cada un de eles, con unha canción dos seus amplos repertorios.
Ante a calidade vista e as letras das cancións, non me cabe a máis mínima dúbida que de entre elas sairá a canción do verao 2012.
Dicir que o grupo gañador pola votación popular foron "A cona armada" (con perdón).
Nada máis que desexarlle o FIB unha longa vida.