Ir al contenido principal

Ensalada de pasta e hortalizas

Ir a receita en castelán

Seguindo na liña da estación na que estamos, imos con outra proposta fresca para a nosa mesa.
Esta é unha ensalada con hortalizas e queixo. Sabido é de tod@s, pero nunca está de máis recordalo; imos a usar hortalizas crúas, temos que lavalas moi ben.

Pois aproximadamente para 4 pax usaremos:
320 grs de espirais de cores
100 grs de tomates cereixa
1/2 pepino
1/2 pemento roxo
1/2 ceboleta
1/2 cenoria
100 grs de queixo (o que vos guste)
Aceite, vinagre, sal e pementa

Cocemos a pasta segundo indicacións do fabricante, deixándoa o dente, arrefriar baixo auga, escoar e reservar incorporando un pouco de aceite para que non se pegue.
Cortar todas as hortalizas en cubos pequenos.
Partir os tomates a metade ou en cuartos e o queixo en dados.
Mesturamos a pasta con todas as hortalizas e o queixo.
Salpimentamos e aliñamos con aceite e vinagre o  noso gusto.
Remexer ben co fin de que se mesturen todos os elementos.
Servir a temperatura ambiente.
Máis sinxela imposible, pode quedar feita e sacar da neveira un tempo antes do xantar. As hortalizas danlle un toque crocante moi agradable.