Ir al contenido principal

A moenda (O ciclo do pan)

O pasado venres celebrouse o terceiro acto do ciclo do pan, A moenda.
Non podo deixar de mostrar un pouco de desilusión, despois de asistir a seitura e a malla.
Explícome, así coma os dous anteriores actos foron moi visuais e moi físicos, vendo na práctica o traballo real, nesta ocasión o que vimos foi un muíño e ouvimos unha explicación. Penso que faltou que se vira de xeito práctico o acto da moenda. E como se na seitura nos ensinaran unha fouce e na malla a malla e nos explicaran como funcionaban.
A explicación foi máis que correcta por parte do muiñeiro de como era o proceso e os pasos que seguía o grao dende que chegaba ata que saia a fariña.
O final do acto houbo invitación de licor e bica para os asistentes.
Como xa sabedes non me foi posible asistir o día seguinte a fornada.