Ir al contenido principal

Solombo de porco a laranxa

Ir a receita en castelán

Imos a traballar hoxe unha peza xa utilizada en outras entradas e moi saborosa, o solombo de porco.
Entón ímonos a poñer maos a obra e necesitaremos:

2 solombos pequenos ou 1 bo
1 cebola pequena
1 cullerada pequena de fariña
1 laranxa
1 cullerada de zume de limón
1/4 vaso de leite
1 anaco de xenxibre
Mel, pementa, aceite e sal
1 copa de ron
1 pataca grande
150 grs de cabaza

Pelamos as patacas e cortamos en anacos. Pelamos e sacamos as sementes a cabaza e tamén cortamos en anacos. Poñemos a cocer cubertas de auga ata que estean brandas.
Mentres pelamos a laranxa, pero evitando a parte branca (con un pelapatacas é bastante doado) e esprememos. A cascara da laranxa cortámola fina.
Picamos a cebola e sofreimos nun pouco de aceite e deixamos facer. Botamos a cullerada de fariña, a pel da laranxa, o xenxibre pelado e relado, o zume da laranxa e máis o do limón e a mel. Deixamos cocer uns 10 minutos ata que colla unha consistencia espesa.
Escoamos as patacas e a cabaza e pasamos polo pasapurés. Engádese a leite quente, dúas culleradas de aceite, sal e pementa.
Secamos ben os solombos e salpimentámolos. Dourámolos nunha tixola con aceite. Botamos o ron, deixamos evaporar o alcohol e a lume brando deixamos cocer uns 10 minutos.
Servilo cortado en rodelas co prebe e o puré.
Unha sorpresa de sabores.