Ir al contenido principal

Crema fría de cabaza

Ir a receita en castelán

Como temos unha temperatura axeitada a estación na que estamos, teremos que paliar o calor con pratos frescos, coma é o que nos ocupa.
Este prato ofrécenos por riba a posibilidade de deixalo preparado con anterioridade.

Para elo e para 4 pax precisaremos o seguinte:
500 grs de cabaza
800 ml de caldo de verduras
1 vaso pequeno de viño branco
1 iogur natural
100 grs de touciño
1,5 porros
1 dente de allo
Sal, pementa e aceite de oliva

Picamos un porro e o dente de allo. Nunha cazola nun pouco de aceite refogámolos sen que collan cor.
Engadimos a cabaza cortada en anacos e seguimos a cocción uns 10 minutos.
Pasado o tempo, incorporamos o viño e deixamos evaporar o alcohol.
Completamos co caldo, salpimentamos e cocemos ata que a cabaza estea branda.
Batemos o conxunto e a continuación pasamos polo chino co fin de que quede unha crema fina.
Deixamos temperar e engadimos o iogur. Batemos de novo e reservamos na neveira.
Cortamos en xuliana fina o medio porro reservado e frítese en abundante aceite. Retirámolo e reservamos sobre papel absorbente.
Cortase o touciño en tiras e frítese na tixola sen aceite.
No momento de servir incorporar unhas tiras de touciño frito e o porro frito.
Podedes incorporar un fío de aceite de oliva.
Un fresco primeiro prato.