Ir al contenido principal

Bonito encebolado

Ir a receita en castelán

Que tal se facemos algo con un dos peixes azuis máis apreciados, o bonito.
Antes da receita quero facer unha consideración sobre este peixe. Eu que son mestre de nada e aprendiz de todo, pero que vou tendo unha experiencia, penso que non se cociña moi ben o bonito, dáselle moita cocción e queda moi seco.
O bonito faise case exclusivamente co calor residual da cocción, de este modo despois de levar a ferver onde vai a ir cociñado o bonito, bótase o mesmo, dúas voltas e retirar do lume, coma indicaba antes deixar que se faga co calor residual. Veredes coma se nota a diferencia.

Para 4 pax imos a necesitar:
600 grs de bonito fresco
400 grs de cebola morada
3 dentes de allo
1/2 vaso de viño branco
2 culleradas de vinagre de Jerez
1 cullerada de ourego
1 cullerada de pementón
Alfábega
Aceite, sal e pementa

Limpamos o bonito de pel e espiñas, e cortamos e dados.
Mesturamos ben o vinagre, o ourego, o pementón, sal e pementa. Poñemos o bonito a macerar nesta mestura uns 20 minutos.
Picamos a alfábega e mesturamos con aceite, sal e pementa.
Picamos a cebola en xuliana e os allos en láminas. Facémolos en aceite a lume brando, remexendo de vez en cando.
Incorporamos o viño branco e deixamos que se evapore a lume vivo. Engadimos unha pouca auga e mesturamos o conxunto.
Cando estea a ferver, poñemos o bonito, damos un par de voltas e deixámolo facer fora do lume ca cazola tapada.
Servímolo acompañado con uns anacos de tomate que aliñaremos co aceite de alfábega.
Moi adecuado para este tempo de verán.