Ir al contenido principal

Arroz con carne de porco

Ir a receita en castelán

Hoxe tócalle outra vez a unha das miñas comidas favoritas, o arroz.
O que vai nesta entrada sería a versión do país, se usamos produtos de porco ibérico, sería a versión "deluxe".
Que eu diga que está bo, non tería mérito ningún, pois como xa teño dito o arroz de todas las maneiras, co cal non sería obxectivo, pero os outros comensais si dixeron que estaba bo.

Pois aí vai o que nos faría falla para 4 pax, aproximadamente, cada quen o que máis lle guste:

300 grs de arroz
200 grs de lombo adobado
1 chourizo fresco
200 grs de touciño
1 cebola
3 dentes de allo
Pementón agridoce de La Vera
Aceite de oliva, sal e pementa

Coma primeiro paso coceremos uns minutos o chourizo nunha pouca auga, para quitarlle o exceso de graxa e non nos estrague o arroz ca mesma.
Quitámoslle o coiro o touciño e picamos en tiras, cortamos en dados o lombo e en rodelas o chourizo xa cocido.
Picamos a cebola e os allos.
Nunha cazola cun pouco de aceite, engadimos o touciño e o lombo e deixámolos facer ata que comencen a dourarse. A continuación engadimos o chourizo e deixamos facer un par de minutos.
Retiramos as carnes e no mesmo aceite facemos a cebola e os allos.
Cando a cebola e os allos estean feitos, incorporamos o arroz que saltearemos un par de minutos.
Botamos o pimentón e auga quente en cantidade necesaria para o arroz empregado. Remexemos e incorporamos as carnes reservadas. Salpimentamos e deixamos facer ata que o arroz estea no seu punto. Deixamos repousar uns minutos e a mesa.
Evidentemente non é un prato de dieta nin anticolesterol, pero de vez en cando coma que apetece.