Ir al contenido principal

Tomate recheo de bacallau o Pil Pil sobre humus

Ir a receita en castelán

Antes de pasar a explicar a receita quero precisar dúas cuestións: unha o pil pil que eu fixen é a miña maneira, pero estaba moi bo. E outra, que por cuestións operativas, o humus non o fixen eu, foi comprado feito. Prometo poñer a receita de como facelo.
Unha vez aclarado o tema quérovos animar a combinar estes sabores, realmente delicioso.
Os condimentos que necesitaremos irán en función dos comensais, pero para catro comensais necesitaremos aproximadamente o seguinte:

4 tomates en rama
400 grs de bacallau desalgado
2 dentes de allo
1/2 guindilla
Humus
Aceite, sal e pementa

Os tomates deixarémoslles un anaco de rama no pedúnculo. na base dos tomates facemos unhas pequenas insicións en forma de cruz e escaldámolos uns minutos. Pasamos a auga moi fría para deter a cocción e procedemos a retirarlles a pel de forma sinxela.
Con unha culler francesa procederemos a baleirar o tomate pola parte de abaixo, a oposta a rama. Parte da graza do prato é presentar o tomate aparentemente enteiro. Unha vez baleirados poñemos a escoar.
Poñemos aceite suficiente nunha cazola e levámolo a unha temperatura non superior os 70º aprox. Fileteamos os allos e a media guindilla e incorporamos o aceite. Cando comence a tomar cor, retiramos do aceite.
Secamos ben o bacallau e procedemos a confitalo no aceite ca pel cara arriba. Non debe fritir.
Veremos que o bacallau comenza a soltar unhas especie de boliñas brancas, teremos que ir movendo a cazola con movementos circulares (ollo cas novas placas de cociña) de xeito que o aceite vaia comenzando a emulsionar.
Reservamos o bacallau e procedemos a bater o aceite a mao con un batedor manual (non utilizar o eléctrico, pois o calor cortaría o aceite) ata que emulsione coma unha maionesa.
Para o meu gusto non debe de chegar a textura desta, debe de emulsionar pero que quede lixeira.
Desmigamos o bacallau reservado, despois de quitar pel e espiñas. Incorporámoslle a emulsión do aceite necesaria e mesturamos ben. Salpimentamos (ollo ca sal).
Ca mestura resultante enchemos os tomates.
Poñemos en cada prato unha base de humus e colocamos o tomate e incorporamos un pouco de ceboliño picado e regamos cun pouco de aceite de oliva virxe.
Esta combinación de sabores, xunto ca presentación do tomate enteiro, fan que o esforzo de facelo quede recompensado.