Ir al contenido principal

Arroz con cantherellus cibarius e gambas

Ir a receita en castelán


O mérito de esta receita é totalmente de Conchi Zúñiga de Cocinando setas, que saíu o monte, recolleunas e chamou por teléfono para quedar e regalarmas. Pero non so iso, as explicación do seu tratamento tamén viñan incluídas.
Se vos gusta o mundo das setas na cociña non deixedes de visitar o seu blog, unha auténtica experta neste mundo da micoloxía.
Por certo Conchi que houbo quen probou un par delas. Todo un éxito.


Necesitaremos:
Arroz bomba para dous comensais
Cantharellus cibaruis (rebozuelos)
Gambas
1 dente de allo
1/2 cebola
1 tomate rama
Pementón
A auga de escorregar as setas
Caldo de verduras
Azafrán
Sal, pementa negra e aceite


O primeiro paso é moi importante, é limpar moi ben as setas, xa non polo máis nos toca que é a nosa saúde. Pola terra que pode estragar o prato.
Ben, pois sofritimos a cebola co allo picado, engádese o tomate en anacos. Damos unhas voltas.
Botamos o pementón tendo coidado de que non se queime, a auga das setas e o caldo. Damos un fervor e engadimos o azafrán. Deixamos facer uns cinco minutos.
Engadimos o arroz e salpimentamos o gusto.
A media cocción do arroz, incorporamos as setas e as gambas. Deixamos facer ata o final.
Moi importante o repouso.
A mesa e a non deixar nin un gran.
De novo moitas grazas Conchi, aínda haberá outra entrada con esta seta.