Ir al contenido principal

Tosta de solombo de tenreira (Concurso de pinchos)


Establecemento:O Doutor
Enderezo: Rúa Alejandro Pedrosa, 92 O Vinteún, Ourense
Pincho: Tosta de solombo de tenreira
Descrición no folleto: Pan de pobo, queixo curado, solombo de tenreira galega, pemento de piquillo e aceite de oliva.






Meu comentario: Nun dos comentarios anteriores doutro pincho poñía a pega de que o pan tiña que ser pan. Pois ben neste pincho que nos ocupa sen ser o elemento principal do pincho, e unha achega moi importante.
Estamos outra vez diante do sinxelo, pero que o fai grande.
Estamos ante unha boa rebanda de pan a que o queixo do pincho lle da certa cremosidade. A carne no seu punto e de unha textura e sabor excelentes, rematado cos piquillos.
Preséntase o pincho cun pequeno bouquet de ensalada, que lle da un toque de frescura.
Merece a pena o desprazamento e un agradable descubrimento do local. O mellor tamén axudou a terraza interior despois dun día de calor.