Ir al contenido principal

Tortilla de patacas exprés

Ir a receita en castelán

Para os que leven presa, tortilla metade no microondas e metade tradicional.
Imos a facer uso do que a tecnoloxía pon o noso alcance.

Necesitaremos:
3 Patacas boas
5 ovos
1/2 cebola
Aceite e sal

Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en rodelas finas. Botamos nun bol apto para microondas.
Picamos a cebola fina e engadimos o bol das patacas. Salgamos, regamos cun pequeno chorro de aceite e damos unhas voltas.
Poñemos no microondas e facemos a máxima potencia durante 3 minutos e medio, o remate damos unhas voltas as patacas e volvemos outro 3 minutos o microondas.
Mentres batemos os ovos e engadímolos as patacas.
Callamos a tortilla do xeito tradicional.
A fermosa cor no é consecuencia de usar colorante, e polo uso de ovos da casa.
Un resultado realmente estupendo.