Ir al contenido principal

Pisto con ovo frito

Ir a receita en castelán

Este prato é moi sinxelo, pero é deses sabores que levas na memoria.
A pesares do ovo e non sendo demasiado ríxido, encaixa perfectamente co vexetariano (veganos absterse).
Coma xa comentamos en outras ocasións a mestura de sabores que se produce ca oxidación da verduras, é un autentico milagre.

Para 4 persoas necesitaremos (aprox):

1 berenxena
1 cabaciña
1 pemento italiano vermello
1 pemento italiano verde
1 cenoria
1 cebola pequena
1 porro (a parte branca)
2 tomates pera relados
1 dente de allo
4 ovos
Aceite de oliva, sal e pementa

Picamos fino o porro, a cebola e o dente de allo, poñemos nun pouco de aceite de oliva e imos pochando.
O resto das verduras ímolas a picar non en anacos grandes, pero si que se encontren.
Lavamos e picamos os pementos, engadimos a cazola.
Pelamos e cortamos a cenoria en cubos, engadimos a cazola.
Lavamos a cabaciña e cortamos en cubos, pelamos a berenxena e tamén cortamos en cubos, engadímolas o resto dos ingredientes.
Relamos os dous tomates e a cazola.
Se necesitásemos un pouco de líquido, podemos engadir un pouco de caldo de verduras.
Deixamos facer o conxunto. A min gústame que a cabaciña se note o levala a boca.
Pos que chegades tarde a xantar, deixámolo feito do día anterior (gaña en sabor), e a hora e xantar, mentres se quenta, facemos os ovos fritos.
Rompedes o ovo por riba do pisto, o que agora se chaman ovos rotos e fixemos dende hai tempo nas nosas casas.
Un completo prato ademais de moi saboroso.