Ir al contenido principal

Pincho enxebre (Concurso de pinchos)

Onte saímos da rutina da zona de tapeo habitual para ir a probar os dos dous establecementos que participan na Ponte.

Establecemento:Llovizna Novo Milenio
Enderezo: Avda. de Santiago, 68 Ourense
Pincho: Pincho enxebre
Descrición no folleto: Pastel de marisco con crema de cabaza.
Meu comentario: Penso que se podía traballar máis, non se lle notaba o sabor que desperta a palabra marisco.
Buscaría outra forma de presentación máis atractiva, case parece que está tirado no prato. Se observades os bordes están recocidos e os poucos minutos grétase. 
Para o meu gusto estaba presentado demasiado quente, cando posiblemente a temperatura ambiente sería o seu, ou fría para tapar os defectos. A crema de cabaza aceptable.