Ir al contenido principal

Petisco do mar (Concurso Pinchos)

Segundo vaiamos saboreando os estupendos pinchos que nos teñen preparados os bares de Ourense, iranse publicando neste blog.
Non os probaremos todos, pero aqueles que si terán reflexo nestas liñas. Farei un pequeno comentario de profano e as sensacións que me producen.
Este é o primeiro de tres que tomamos onte, e o esquema será o mesmo para todos.

Establecemento: O Souto
Enderezo: Rúa dos Fornos, 12 Ourense
Pincho: Petisco do mar
Descrición no folleto: Torta con produtos do mar.
Meu comentario: Pincho con dúas preparacións distintas, unha tibia e a outra fría: por unha banda uns espaguetis feitos con tinta de lura e uns anacos de lura frita por riba (eu poría as luras na súa tinta), a parte tibia e a outra parte do pincho unha tartaleta con anacos de produtos do mar (mexillón, polbo, langostino e pau de cangrexo) aderezados con prebe rosa. Agradable de sabor.