Ir al contenido principal

Oasis (Concurso de Pinchos)

Establecemento:Acio
Enderezo: Rúa dos Fornos, 1 Ourense
Pincho: Oasis
Descrición no folleto: Pincho vexetal de berenxena, cabaciña, pataca, espinacas, gambas, gulas, pementos verdes e vermellos, cebola, espárragos trigueiros, etc...
Meu comentario: Pincho con unha boa presentación. Presentan as verduras, mesturadas coma un pisto por riba dunha tosta de pan, cuberto ca pataca sobre a que vai a gamba e as gulas. A tosta de pan é de paquete industrial, quítalle a categoría que merece o pincho. Penso que debería levar unha tosta feita da maneira tradicional.
Incorporan uns piñóns que en principio faino moi agradable cando o estas comendo, mais cando rematas o sabor dominante na boca é o do piñón. O mellor debería de levar menos cantidade. De todos os xeitos moi recomendable.