Ir al contenido principal

Lombo de porco recheo o viño de Porto

Ira a receita en castelán

Hoxe tócalle a vez a carne de porco, máis concretamente o lombo. Ímolo a encher para que non resulte unha peza tan seca.
Cociñouse esta peza con un viño Porto Vintage do ano 2000 que so con cheiralo quitaba o sentido. Esta botella foi regalo doutro bo amigo da cociña Íñigo Atapuerca. Recomendo a visita a súa páxina do Facebook "Cocinando en mi día libre".
Nesta receita non fan falla cantidade nos ingredientes, van a ir en función do tamaño da peza de lombo, que a súa vez irá en consonancia co número de comensais.

Precisamos:
Lombo de porco nunha peza
Xamón cocido
Queixo en lonchas
Ovos duros
Pemento roxo asado
Cebolas
Viño de Porto
Sal, pementa e aceite
Caldo de carne (ou auga con un cazo Knorr de carne)

Para comenzar cortamos a peza o longo (ou que no lo faga o carniceiro) sen chegar o fondo. Debe de quedar coma se dun libro se tratase.
En cada corte imos metendo o xamón, o queixo, o pemento e o ovo en rodelas (ou o recheo que máis vos guste).
Cerramos ben a carne e bridámola con fío de bramante para o seu asado.
Douramos a peza, por todos os lados, nunha tixola con aceite e pasamos a unha fonte de forno.
Cortamos a cebola en xuliana e engadimos a fonte. Neste momento botamos un pouco de caldo de carne ou a auga co cazo Knorr de carne. Deixamos facer no forno, prequecido a 200º uns 20 minutos.
Pasado o tempo engadimos o viño de Porto e deixamos facer outros 20 minutos.
Deixamos atempar antes de retirar o fío de atar.
Pasamos o prebe resultante polo chino, premendo ben a cebola para trasladar o seu sabor o prebe. Poñer a reducir ata conseguir a textura desexada (se é necesario engadir unha pouca de auga).
Cortamos a carne e presentamos con unhas patacas risoladas e co prebe.