Ir al contenido principal

Langostinos con abrigo

Ir a receita en castelán

O habitual son as gambas a gabardina, pois ben eu fixen uns langostinos con abrigo.
Tiña na casa un sobre de obleas para empanadillas e había que úsalo, entón busquei como facelo e fixen este petisco e uns cestiños que publicarei noutro día.
Para abrigar este prato precisaremos:

Langostinos frescos
Obleas para empanadillas (usei La Cocinera)
Aceite de oliva

Para un paquete de obleas grandes saen 32 langostinos.
Pelamos os langostinos, deixando a cabeza e a cola.
Cortamos unha oblea polo medio e envolvemos o langostino pola parte pelada (a que ten frío).
Pintamos con un pouco de ovo batido e fritimos en aceite de oliva ata que colla cor.
Sacamos a unha fonte con papel absorvente e presentamos coma nos dite o noso parecer.
Un petisco sinxelo e rápido de preparar.