Ir al contenido principal

Mareliña (Concurso de Pinchos)

Establecemento: Marela
Enderezo: Praza de "Los Suaves", 1 Ourense
Pincho: Mareliño
Descrición no folleto: Pantumaca, queixo Arzúa e chacina de vaca.
Meu comentario: Eu son dos que penso que o tomate e o queixo naceron para estar casados toda a vida, sen posibilidade de divorcio. Como non abusan do tomate e o queixo é moi cremoso o resultado e moi bo. Leva unha lámina de chacina que completa a mestura sólida. Completa o pincho un fío de aceite e un pirixel picado que lle da un toque de cor. Eu teño unha máxima: do sinxelo sae o excelso.
Non se pode perder.