Ir al contenido principal

Ensalada de cogollos e endibias

Ir a receita en castelán

Coma parece que o tempo se vai compoñendo un pouco, teremos que ir vendo de facer xa algunhas ensaladas.
Esta que presento hoxe sería un primeiro prato moi completo, pois móvese con vexetais e peixe.

Para ela necesitaríamos:
Cogollos
Endibias
Anchoas
Queixo crema de cabra
Pemento roxo asado
Bonito en aceite de oliva
PARA A VINAGRETA
Pemento roxo
Cebolleta
Olivas verdes
Pepinillo
Tomate
Aceite de liva virxe
Vinagre de Xerez

Comenzamos facendo a vinagreta e para elo mesturamos o aceite e o vinagre, eu sempre a fago nunha proporción de tres culleradas de aceite e unha de vinagre.
Batemos para emulsionar.
Picamos finas todas as verduras, na cantidade e proporción que nos guste e incorporamos o aceite co vinagre.
Partimos o medio os cogollos, cortándolle o troncho do final que amarga. Colocamos no prato de servizo.
Separamos as mellores follas das endibias e pasámoslle un pano húmido. Non lavalas pois aumentaría o seu amargor. Como truco para quitarlle algo de amargor, cortar en forma de frecha o troncho final.
Untamos as follas da endibia co queixo crema de cabra e poñemos sobre cada unha delas unha anchoa. Vanse alternando no prato de servizo cos cogollos.
No centro do prato poñemos o bonito e o pemento asado.
Regamos por riba dos cogollos ca vinagreta e listo para ir a mesa.
É conveniente levar a mesa vinagreta por se alguén se quere poñer máis.
Moi refrescante e completa.