Ir al contenido principal

A costa de Malpica

Dar co punteiro no centro da imaxe para visualizar.

Onte houbo que levantarse cedo, pois tivemos andaina e era pola costa de Malpica.
Despois de unhas dúas hora e media de viaxe, chegamos a Malpica e comenzamos un percorrido que nos ía levar ata a praia de Razo no Concello de Carballo.
Andaina de gran impacto visual, na que pasamos, coma quen pasa unha folla dun libro, de un bosque de calquera punto do interior a, en poucos metros, un litoral realmente espectacular.
Merece a pena perderse unha fin de semana pola zona.
O listo que vos escribe, marchou sen batería ma maquina fotográfica. Visualmente, e sen desmerecer, unha das mellores andainas para a fotografía.
Fixen pequenos vídeos co teléfono. A calidade é o que é, a miña recomendación e que o vexades en xanela pequena.