Ir al contenido principal

Concurso de pinchos Ourense

Do día 3 ao 20 de maio celebrarase en Ourense o Concurso de Pinchos Primavera.
A vista das edicións anteriores, anímovos a que vos acerquedes por Ourense, sempre é bo acercarse por Ourense e provincia, sempre é unha visita que da moito de si.
Amén da capital, temos unha provincia cun dos románicos máis importantes do Estado, visigótico, mosteiros para quitar o hipo e unha gastronomia para non darlle respiro o estómago, e si a esta gastronomía lle engadimos calquera dos máis que bos viños, para soñar.
Volvendo o que nos ocupa procurarei irvos tendo o corrente do que vaia "catando" e o lugar.
Indícavos un enlace para información do Concurso de Pinchos Primavera, onde poderedes ver todo o que o rodea.
Non vos arrepentiredes.