Soamente dúas liñas para comentar a xuntanza, que onte fixemos en Santiago, un pequeno grupo de amigos dos nosos fogóns e tamén da boa mesa.
E digo o de amigos por que creo que realmente é así. Si xa había unha pequena complicidade ca xente de máis "roce virtual", agora que xa nos vimos as nosas caras penso que se reforza.
Foi unha auténtica "cita a cegas". Despois de andar deambulando, a hora de cita pola máis bonita praza do mundo, a do Obradoiro, e de pensar "aqueles deben de ser da xuntanza, andan igual de perdidos ca min" e unha vez que nos fumos acercando uns os outros, a conversa tornouse coma a dos que se encontran despois de estar sen verse durante certo tempo.
Quero agradecervos a todos a estupenda noite que pasei. Dádevos todos por citados, eu non vou a citarvos, porque seguro que me esquezo de algún e non quero.
Quero facer tamén mención do GARUM BISTRO, sito onde ceamos realmente ben, lugar pequeno pero moi acolledor e un estupendo xefe de cociña.
Bicos para todas e abrazos para todos.
Ata a próxima xuntanza.