Hoxe quero comenzar un novo apartado por se pode servir de orientación para alguén que ande buscando onde xantar.Evidentemente
a miña opinión é miña, e por sorte, e en aras da diversidade non
coincidirá cas de outras persoas, pero está aí e direi o que penso.
Comenzaremos este novo capítulo, con un restaurante de Portonovo, A Taberna do Varadoiro . Tal como falei co dono, non é o mesmo desfrutar del neste mes de setembro, que no mes de xullo ou agosto, a pesares de que a calidade mantense, hai máis presas.
Para min é moi importante o primeiro contacto co persoal que te vai a atender, neste caso xa se vía que sería moi bo.
Atención a empregada que atende as mesas, un luxo, coñecedora da carta, do produto, de como está feito. É unha gran vendedora e inda por riba agradable.
Podemos falar de produto de primeira calidade, ven presentado e moi ben traballado na cociña. Cociña tradicional traballada con cariño, isto é algo que se transmite o prato. Completa o cadro unha aceptable carta de viños.
Podo falar do que xantamos a miña dona e máis eu nas dúas visitas que lle fixemos; na primeira, navallas, nécoras, linguado a prancha e unhas chuletas de cordeiro. E na segunda unha caldereta de peixes que quitaba o sentido.
En fin unha gran relación calidade prezo.
Moi recomendable.