Ir al contenido principal

Puding de castañas con prebe de chocolate (Paradores Nacionales)

Ir a receita en castelán

Como vedes sigo ca teima das receitas de outono dos Paradores Nacionales. Neste caso trátase de unha sobremesa de castañas, máis de outono imposible, do Parador de Monforte de Lemos.
Teño que dicir que foi tanto o meu enfado cando pelaba as castañas, que a piques estiben de deixalo. Alégrome de non facelo, pois é unha sobremesa, que si me permitides a licencia, levas un pedazo de sabores e cores do outono a boca.

Imos a precisar:
250 grs de castañas peladas
250 ml de tona
250 ml de leite
1 sobre de te negro (eu non o usei)
2 ovos
100 grs de azucre
75 grs de cchocolate de cobertura
250 ml de leite (para o prebe de chocolate)

Poñemos a cocer as castañas peladas ca nata e o leite (se ides a usar o te negro este é o momento de poñer a bolsiña).
Unha vez cocidas, sacar a bolsa do te e triturar. Mesturar cos ovos e o azucre. Eu en lugar de facelo nun so molde, fíxeno en flaneras individuais (saíron cinco de boa ración cas medidas). Vertese a mestura no molde e termínase o baño maría durante 40 minutos (eu o final do tempo foron o forno 5 minutos a 180º), deixámolos arrefriar.
Aparte facemos o prebe de chocolate ca cobertura e o leite.
Servir o puding co prebe de chocolate.
Unha boa sobremesa, pero moi contundente.