Ir al contenido principal

O día de Valencia

Hai un tempo que lle fíxemos unha encerrona a Lola (da nosa familia de Valencia da que xa vos teño falado), a que nos tiña que facer unha paella en Rivela para todos. Non houbo dúbida, aceptou o reto no mesmo momento.
Eu non esperaba outra cousa, pois é unha gran cociñeira. É unha pena que non nos faga participes do seu bo facer nun blog, o meu estómago sabe ben do que falo.
Pois o día chegou. O pasado sábado, día 8, foi o día escollido. por fin a data era a adecuada para todo o mundo.
Púxose maos a obra e o que saíu da súas maos foi algo excepcional. Non é que a queira ben, pero era a mellor paella (nos facemos arroces) que levo tomado.
Polo, "ferraura" (xudías verdes), "garrofo" (faba branca e plana),tomate, pementón, romeiro e arroz. A "tormenta" perfecta.
Pero Lola non se conformou soamente ca paella, para completar un estupendo xantar preparounos de primeiro "esgarrat", pemento roxo, berenxena, allo, ovo cocido e bacallau. Unha delicia, unha especie de escalibada pero con ese aire que a xente do Mediterraneo lle sabe dar.
A presenza galega, empanada, chourizo e salchichón da casa do Avelino, etc., postres, licor café.
Lola non te libras de outra e moitas grazas por aguantarnos.
Un enorme bico.
Deixo unhas fotos do evento.