O pasado día 24 de setembro estivemos por San Andrés de Teixido, para chegar dende alí ata o Cabo de Ortegal.
Non me resisto a non poñer aquí as fotos dos acantilados que están presentes durante case todo o recorrido.
Estamos a falar de ir a unha zona onde veremos os acantilados máis altos da Europa continental.
A vista do Cabo de Estaca de Bares con Cariño debaixo nosa é impagable. Soamente un defecto, é un auténtico rompe pernas. Estás durante os vinte pico quilómetros subindo e baixando.
A baixada (andando) a San Andrés é de premio e a continuación a subida a cima dos acantilados é de primeira especial. Pero non vos asustedes faixe ben.
Recomendo a visita a zona, eu é polo menos a cuarta ou quinta vez que vou, e cando se me presente outra ocasión, non deixarei de ir.
Ademais xa sabedes, "vai de morto o que non foi de vivo".