Aínda que resulte repetitivo segue un tempo anormal, polo tanto imos a seguir con cousas fáciles, rápidas e frescas.
Coma sempre neste tipo de receitas, dou os ingredientes sen cantidades.
Entón ei vai.
Tomates Mini-Kumatos
Queixo mozzarella
Olivas recheas de pemento
Alfábega (albahaca)
Aceite, sal Madón e vinagre de Módena
Moi sinxelo, escorregamos as bolas de queixo e cortamos o longo e en tiras para facer uns tacos.
Lavamos e partimos os tomates pola metade.
Nunha brocheta de madeira ensartamos unha metade de tomate, taco de queixo, outra metade, oliva e repetimos outra de tomate e queixo.
Picamos a alfábega e facemos unha vinagreta, a miña proporción é de tres a un.
Poñemos as brochetas nun prato de servizo, salgamos, botamos a alfábega picada e a vinagreta.
Moi bo conxunto de sabores.