Ir al contenido principal

Lombos de robaliza a prancha con langostinos en prebe mariñeiro

Que tal, aínda ando por aquí, moi, pero que moi vago pero aquí sigo.
Imos a ver si collemos algo de ritmo, non sei se empeza a ser vicio ou algunha agencia de rating ten a miña prima con risco. Case me da pánico ir o mercado.
Hoxe traballamos con un peixe dos que máis me gustan, a robaliza. Neste caso preparada a prancha.

Para preparar o prato para 4 persoas necesitaremos os seguintes ingredientes:

4 robalizas de ración
200 grs de gambas ou langostinos
Patacas
Pirixel
Sal e aceite

Para o prebe mariñeiro
1 cebola
1 chalota
1 cenaoria
1 porro
1 pemento verde
1 tomate
2 vasos de caldo de pescado
As cabezas e as peladuras das gambas de arriba
Brandi (opcional)
Aceite, sal e pementa


O ir a mercar as robalizas pedímoslle a nosa pescantina de cabeceira, que lle saque a espiña central e nos faga dous lombos de cada unha. Si as queredes totalmente sen espiñas, toca armarse de paciencia e coller unhas pinzas. De cara o resultado final merece a pena a labor.
Picamos o pirixel e botámoslle o aceite, deixamos infusionar coma unha hora aproximadamente.
Quitamos as cabezas e as peladuras dos langostinos e reservamos.
Para o prebe picamos as verduras e facemos a lume brando nun pouco de aceite de oliva, engadindo o tomate o final. Deixamos facer un pouco e botamos as cabezas e peladuras dos langostinos. Neste paso podemos engadir o brandi en flambear (OLLO CAS CAMPÁS EXTRACTORAS).
Engadimos o caldo e deixamos facer un pouco máis.
Trituramos e pasamos polo chino. Debe quedar un prebe fino e lixeiro, se é preciso engadimos un pouco máis de caldo  (se sobrara prebe conxelalo nas bolas para cubos de xeo).
Chegados a este punto collemos os lombos da robaliza, e con unha brocha, untámolas polas dúas caras co aceite con pirixel.
Quecemos a prancha, grella ou unha tixola e cando estea quente botamos os lombos ca pel cara arriba, dous minutos e damos a volta e facemos outros dous minutos. Salgamos con sal Maldon fora do lume.
Na mesma tixola salteamos os langostinos untados tamén co aceite co pirixel.
Presentamos co prebe de fondo e podemos guarnecer con unhas boliñas de pataca risoladas.
Espectacular.