Ir al contenido principal

Arroz meloso con luras e gambas

E veña a voltas co arroz. É unha das miñas debilidades culinarias, o igual que a empanada admite case de todo, neste caso é un dos típicos; con luras.
Un consello si se ten a ocasión de mercar as luras da ría non o dubidedes, xa sei que o prezo non é o mesmo, máis si o facedes nunha comida con invitados merece a pena.

Para este arroz imos a procurar:
600 grs de luras
350 grs de arroz bomba
200 grs de gambas
1/2 cenoria
1/2 pemento roxo
1/2 pemento verde
1 cebola
1/2 porro
Caldo de pescado
Azafrán
1 copa de viño branco
Aceite, sal e perexil


Pedímoslle a pescantina que nos limpe as luras (podedes pedirlle a tinta e conxelala para outras preparacións) e nos rematamos de quitarlle a pel e restos que lle poidan quedar. Partimos e anacos groseiramente. Reservamos.
Picamos miúdas as verduras e deixámolas facer en tres culleradas de aceite.
Cando estean brandas as verduras incorporamos as luras en anacos e refogamos o conxunto uns minutos. Engadimos o arroz e dámoslle unhas voltas. Botamos o viño branco e deixamos evaporar o alcohol.
Botamos o caldo de pescado (dúas medidas de caldo por unha de arroz) le vamos a ferver e poñemos a lume brando.
Cando lle falten uns 4 minutos, engadimos as gambas.
Unha soa palabra delicioso.