Ir al contenido principal

Saquiños de queixo e froitos secos

Hoxe imos con unha pequena delicatessen que hai algún tempo me puxeron, e tiña gañas de facelos eu na casa.
Neste prato o punto crítico está no tratamento de pasta filo, o resto e do máis sinxelo. pero queda moi aparente.


Procuraremos para a receita o seguinte:
Follas de masa filo
125 grs dun queixo azul
125 grs dun queixo crema
Abelás ou améndoas picadas


O primeiro que temos que facer é unha pasta na que se mesturen e queden ben integrados os dous queixos. A proporción dos mesmos vai o voso gusto. Eu inclínome por máis crema.
Trituramos o froito seco escollido de forma groseira, de xeito que se note o anaco e engadimos a pasta de queixo. Integramos ben.
Imos a sacar do paquete da masa filo, soamente as follas que usaremos, o resto volvemos a gardalas, pois do contrario secaríanse.
Cortamos as follas polo medio e cada unha das metades novamente polo medio (quedaran uns cadrados de entre 12 ou 14 cms de lado). Para cada saquiño usaremos dos cadrados, collemos o primeiro e con unha brocha untamos con manteiga (derretida), poñemos por riba o segundo cadrado de maneira que non coincidan as puntas (que fagan unha estrela de oito puntas) e tamén untamos con manteiga. Poñemos no centro unha porción da pasta de queixos e xuntamos as puntas, facendo o saquiño.
Podemos facer unha simulación de atar con unhas follas de ceboliño.
Facemos uns 10 minutos no forno prequecido a 180º.
A parte de moi saborosos, resultan moi vistosos.