Ir al contenido principal

Montadiño de puré de pataca e tomate con xoubas

Imos a seguir con pratos fríos que é o que nos ven pedindo o corpo, dadas as temperaturas que estamos a ter.
Hoxe vamos a facer unha combinación de ensalada con puré de patacas.

Para comenzar o noso traballo imos a necesitar do seguinte, para 4 persoas:
3 patacas
4 tomates vermellos medianos
4 ovos de paspallás
1 cebola morada
1 lata de xoubas en aceite
Sal

Lavamos as patacas e cocemos en abundante auga. Refrescámolas e deixamos arrefriar. Escorregamos as xoubas e gardamos un pouco do aceite que traen.
Pelamos as patacas e chafámolas cun garfo, sazonamos e engadimos un pouco do aceite das sardiñas. Remexemos e rectificamos de sal.
Cocemos os ovos uns 5 minutos. Pelamos e reservamos.
Lavamos e cortamos os tomates en rodelas, usando para este prato as da parte central.
Ca axuda dun molde, poñemos de base unha rodela de tomate, a continuación unha capa de puré, rodela de tomate, capa de puré e rematamos con rodela de tomate.
Para rematar o montadiño, poremos sobre a última rodela de tomate, unha xouba, un ovo de paspallás cortado a metade e un pouco de cebola cortada en xuliana. Regar con outro pouco de aceite das xoubas.
Unha estupenda mestura de sabores que merece a pena probar.