Ir al contenido principal

Ensalada de arroz

Como estamos no tempo outra ensalada. Ben o do tempo para os que queirades calor, non é moi alá. Estou feliz con esta temperatura, paréceme ideal.
Imos a deixar o tempo que non é do que se trata nesta entrada.

Para esta ensalada atracaremos a despensa e levaremos estes ingredientes:
200 grs de arroz basmati (usade o que máis vos guste)
1/2 pemento vermello
1/2 pemento verde
1/2 cebola pequena
2 ovos
2 salchichas frankfurt
Olivas negras o gusto
Zume de limón
Aceite e sal


Cocemos o arroz en abundante auga, pasamos pola auga fría e deixamos escorregar.
Facemos unha tortilla francesa, deixamos arrefriar e cortamos a cadrados.
Picamos os pementos, a cebola e as salchichas en anacos pequenos.
Nun bol mesturamos todos os ingredientes, salgamos e aliñamos co zume de limón e aceite de oliva.
Sinxela, rápida e refrescante. Veña a por ela.