Pois si, aínda que pareza mentira estou por segundo día seguido por aquí, parece que vou a enganchar o ritmo.
Hoxe imos a traballar con pescada.
Eu usei lombos, máis pode ser a pescada en rodelas.
Non dou unha medida exacta das ameixas e das gambas, que cada quen co seu gosto. Poño a medida tal como llo pedín a pescantina.
Ingredientes que usei:
8 lombos de pescada ou 8 rodelas
1 allo
Un par de puñados de ameixas
Un par de puñados de gambas (peladas)
1 cullerada de fariña
Perexil
Un vaso pequeno de viño branco
Sal e aceite
Picamos o allo e dourámolo en aceite. Engadimos as ameixas e as gambas peladas, damos unhas voltas e engadimos a fariña. Movemos a cazola.
Sazonamos os lombos da pescada e poñémolas na cazola. Chorriño de viño branco mover a cazola e deixar evaporar o alcohol. Engadir perexil picado e auga. Cociñar uns 5 minutos movendo a cazola para que ligue o prebe.
Engadir máis perexil picado para servir.
Rápido e fácil, mentres se pon a mesa faixe. A saborealo.