Imos a facer un primeiro moi aparente, con ingredientes de uso diario e de moi bo sabor. Unha consideración; ainda que nos é difícil, hai que tratalo con mimo, e penso que non é viable para moitos comensais, o proceso das patacas require paciencia e mimo como dixen anteriormente.
Para 4 persoas necesitamos:
4 patacas medianas
8 lonchas de touciño
8 rodelas de cabaciña
Queixo parmesano relado
Pementos de Herbón
Aceite e sal
Pelamos e lavamos as patacas. Secámolas ben e as relamos finas. Poñémolas nun recipiente, engadimos o queixo relado, sal e misturamos ben.
Ca mistura obtida, ca man, facemos 8 discos de 1 cm de alto aprox. Fritimos os discos de patacas en abundante aceite, douramos por un lado e damos a volta con coidado. Poñer en papel absorvente.
Nunha tixola antiadherente, douramos a cabaciña e o touciño.
Montamos o milfollas, poñendo na base un disco de patacas, unha rodela de cabaciña e un anaco de touciño. Repetimos por riba na mesma orden.
Podedes decoralo co que máis bos guste ou teñades a man, eu escollín pementos de Herbón pero poden se olivas, cogomelos, etc.
Resulta moi agradable.