Como xa apuntei a algunha outra entrada, teño verdadeira querencia polos arroces. Pois marchando unha de arroz ven sinxelo.
Usaremos para este arroz:
600 grs de colas de langostinos ou gambas cruas e peladas
300 grs de arroz de gran longo
3 culleradas de aceite de oliva
2 cebolas pequenas
2 dentes de allo pelados e esmagados
1 cullerada de te de pemento picante (pode ser doce)
400 grs de tomate pera
750 ml de caldo de polo
2 cabaciñas
1 manoxo de follas de albaca
Queixo parmesano relado
Quentamos o aceite de oliva nunha cazola e engadimos as cebolas e os dentes de allo. Sofritimos uns 5 ou 8 minutos.
Engadimos o pemento picante (segundo gusto pode ser doce), remexer para que se misture ben. Engadir o tomate sen sementes e en dados pequenos. Saltear e engadir o arroz.
Fritir ata que o arroz mude de cor, uns 3 ou 4 minutos.
Mollar o conxunto co caldo, deixar que rompa o fervor e baixar o lume.
Continuar a cocción durante 15 minutos, engadir as colas dos langostinos e cocer 5 minutos máis.
En paralelo a cocción do arroz, cortamos as cabaciñas en bastóns, salteámolos nun pouco de aceite procurando que queden ó dente.
Para terminar o prato, engadir a cabaciña e a albaca picada.
Botar por riba o queixo relado.
Non teño por costume indicar o viño (sempre dende a miña visión) que debería acompañar a cada prato, máis nesta ocasión diría que un ribeiro fresquiño e o punto de froita que complementa totalmente o prato. Se e do outro lado do rio (Castrelo de Miño), nin vos conto.
Probádeo con moi poucos elementos conseguides un prato moi saboroso.