Ir al contenido principal

Antemuslos de polo corral recheos de bacallau

Nesta entrada imos a misturar a carne de ave con bacallau.
Penso que o resultado é algo máis que aceptable.
Necesitaremos para 4 pax:


8 contramuslos de polo corral (eu usei Caprichos de Polo Corral da marca COREN)
2 ovos duros
1 ovo cru
1 ceboleta
100 grs de bacallau desalgado
50 grs de miga de pan
Caldo de carne
Pirixel picado


O primeiro que faremos, será estirar ven os contramuslos para poder rechealos, teñen que quedar o máis planos e estendidos que se poida.
Picamos a ceboleta e salteamos nun pouco de aceite, engadimos o bacallau desmigado e dámoslle un par de voltas. Retiramos do lume e reservamos.
Nunha cunca temos a miga de pan a remollo no caldo de carne. Cando colla volume, escoamos o máximo posible e engadimos a ceboleta co bacallau, engadimos os ovos duros picados e o ovo enteiro. Misturamos ven e engadimos o pirixel picado.
Reenchemos os contramuslos e cerramos en rolo. Podemos mantelos pechados con palillo ou podemos bridalos (eu optei por a segunda opción).
Salteamos para que collan costra e unha cor uniforme.
Mentres facia este proceso, tiña no forno unhas patacas cortadas en panadeira, salpimentadas e regadas cun chorro de aceite (20 minutos a 190º).
O rematar o tempo das patacas poñemos os rolos, cas patacas, regamos con caldo de carne e deixamos facer outros 20 ou 30 minutos, dándolle a volta os rolos na metade.
Unha mistura e un sabor interesante.