Se pretendedes facer para as festas un primeiro a base de petiscos, o volován é todo un clásico. O mellor que ten e que, a nosa imaxinación para o recheo pode ser infinita e un pouco máis alá.
O seu e facer os volovanes na casa, pero nestas datas o que sobra é traballo na cociña, para esta proba eu merquei uns minis.
Necesitaremos para 6 volovanes medianos:
50 grs de manteiga
1 cebola
300 grs de cogomelos variados
2 dentes de allo
2 ramas de pirixel
250 grs de queixo cremoso
1 peituga de polo
Sal e pementa negra
Facemos un sofrito ca manteiga, a cebola, os allos moi picados, a sal, o pirixel e a pementa. Engadimos os cogomelos.
No momento que estea ben o sofrito, reservamos.
Fileteamos en anacos pequenos as peitugas, salpimentamos e salteamos, ata dourar, na mesma tixola onde fixeramos os cogomelos.
Enchemos os volovanes con un pouco de setas, de seguido un pouco de queixo cremoso e poñemos por riba uns anacos de polo e máis cogomelos.
No momento de servir darlle un golpe, de uns 5 minutos de forno.