Imos con outra opción de vieiras para as festas, tamén un pouco distinta a de sempre.
Para esta ocasión necesitaremos:
4 vieiras
300 grs de porros
100 grs de panceta
1 cebola
250 ml de tona
1 culleriña de manteiga
queixo relado
Aceite, pementa e sal
Limpamos as vieiras e reservámolas. Picamos os porros, a cebola e cotamos a panceta en tiras.
Nunha tixola con un pouco de aceite, sofritimos o porro e a cebola. Cando estean brandas, engadimos a panceta e deixamos dourar. Engadimos a tona e facemos uns minutos ata que espese e reduza.
Nunha tixola marcamos as vieiras volta e volta. Salpimentamos.
Montamos unha base de prebe nas cunchas (si e que optades polo clásico), poñemos a vieira e cubrimos con mais prebe.
Poñemos queixo relado por riba e gratinamos ata que quede dourada. Servir e dar boa conta delas.
Eu presenteinas nunhas pequenas cazolas e en tosta de pan.