Todo un clásico, máis apetecíame facelo e coido que leva unha pequena variación.
Necesario para 4 pax:
16 vieiras
4 lonxas de xamón
1 dente de allo
4 ramas de pirixel
2 culleradas de pan relado
Manteiga, sal e pementa.
Se compramos as vieiras con cuncha, abrilas, con un coitelo separalas da cuncha e evisceralas ben.
Colocámolas, salpimentadas, nunha fonte que poida ir o forno un pouco untada con manteiga.
Por outra banda trituramos o allo, o pan, o pirixel e a manteiga (en cantidade suficiente para que a mistura sexa cremosa).
Poñer por riba de cada vieira unha culleriña da mistura e o xamón en tiras.
Poñelas no grill uns 8 minutos.
Servir quentes ben nas cunchas ou nun prato.