Ir al contenido principal

Timbal de zorza e patacas o queixo do Cebreiro

Como xa estamos en tempo de matanza, imos a darlle unha volta a un produto que, coido, é do gusto de todos: a zorza.
Vamos a cociñala como sempre, pero engadiremos unha salsa que vai a facer un conxunto moi bo. E faremos un pequeno esforzo en presentala como un prato de primeira (que por si soa o é).

Necesitaremos para dúas persoas.
500 grs de zorza
2 patacas
1 chalota
200 grs de queixo do Cebreiro
200 ml de tona para cociñar
Manteiga e brandi

Proceso do prato:
Cocemos as dúas patacas ca pel, para cando sexan manexables cortaremos en rodelas como de medio centímetro.
Para facer a salsa picaremos a chalota finamente, que faremos nun pouco de manteiga procurando que non colla cor. Engadimos o queixo en anacos pequenos e rociamos con unha copiña de brandi. Hai que remexer segundo se vai desfacendo o queixo e evaporando o alcohol, neste momento engadimos a tona e seguimos remexendo ata conseguir unha consistencia cremosa, salpimentamos e reservamos quente.
Salteamos a zorza nunha tixola a lume forte e con unhas gotas de aceite.
Para montar o prato, poñemos unha base de patacas, unha boa ración de zorza e rematámola con outra capa de patacas. Salseamos e xa veredes que boa mistura de sabores.