Ir al contenido principal

Sopa de pedra

Imos a meternos hoxe con un prato de culler da cociña do noso país veciño, Portugal.
Con estes días de friaxe que están a vir, vai a entrar moi ben.
Esta sopa e típica de Ribatejo, máis hai algunhas parecidas noutras zonas de Portugal.
As fabas encarnadas (eu usei brancas) parecen pedras dentro da sopa, esta é unha das teorías para xustificar o seu nome.
Necesitaremos:
175 grs de fabas encarnadas postas a remollo o día anterior
100 grs de touciño
100 grs de chourizo
1 cebola picada
1 porro picado
1 dente de allo picado
1 folla de loureiro
2 cenorias cortadas en anacos
3 tallos de apio en anacos (opcional)
100 grs de col lombarda ou outra cortada en tiras
Caldo de verduras
Sal, pementa e coandro (serve o pirixel)

Poñemos as fabas nunha pota, cubertas de auga e deixámolas cocer 10 minutos. Tapar e deixar cocer a lume brando durante 35 minutos, ata que estean brandas. Escorregar e reservar. Se usades das que veñen cocidas aforrades este paso (o sácalas do frasco, lavalas ben baixo a billa).
Na pota botamos o touciño cortado en anacos, removendo para que solte a súa graxa. Incorporamos o chourizo picado, a cebola, o porro e o allo. Cando a cebola abrande, incorporar a col, a cenoria, o apio, a folla de loureiro, as fabas e o caldo de verduras. Engadir parte dos coandros. Tapar e deixar facer 30 minutos a lume brando.
No momento de servir picar e botar coandro.
Unha sopa moi boa para este tempo que estamos a pasar.