Ir al contenido principal

Risotto de gambas o cava

Co que me gusta o arroz e que poucas entradas fago con este produto. Hoxe imos con unha receita sobre o tema moi sinxela.
Para 4 persoas necesitaremos:
350 grs de arroz bomba
24 gambas
1 cebola
1 litro de caldo de peixe suave
2 culleradas de manteiga
1 golpiño de bo viño branco
1 copa de cava
Perexil
Unha pizca de azafrán
Aceite de oliva, sal e pementa branca

Preparamos do seguinte xeito:
Pelamos as gambas e separamos as colas das cabezas. Poñemos as cabezas nun chino, e incorporamos todo o xugo que podamos quitarlles a o caldo de peixe.
Salpimentamos e fritimos as colas das gambas nunha cazola con un pouco de aceite a lume vivo. Botamos o viño e deixamos que reduza. Procurar que queden pouco feitas. Reservar.
Poñer unha cullerada de manteiga na mesma cazola na que se fixeron as gambas e sofritir a cebola moi picada. Cando a cebola estea feita, engadir o arroz.
Cando este estea transparente, incorporar o cava e así que reduza ir engadindo os poucos e sen deixar de remexer, o caldo quente de forma que non quede seco máis tampouco caldoso.
No último golpe de caldo desfaremos o azafrán. Incorporamos as gambas, o resto da manteiga e o perexil picado.
A verdade é que ten un sabor moi bo.