Ir al contenido principal

Puré de patacas o aceite de pemento con ovos de paspallás e chourizo

Como lle comentei a Jaime, os días festivos dan para moito e aproveiteinos.
Imos cun un puré aderezado con allo e pemento moido que lle da unha sabor excelente.
Non lle fagades caso o nome de prato, son patacas con ovos e chourizo, pero dándolle unha volta. 
Necesitaremos os seguintes ingredientes:
4 patacas medianas
12 ovos de paspallás
12 galletas salgadas
70 grs de chourizo ibérico
4 culleradas de aceite de oliva
2 dentes de allo
Un chisco de pemento moido
Sal

Pelamos e lavamos as patacas, cortámolas en anacos e poñémolas a cocer con sal ata que estean brandas.
Quentamos 3 culleradas de aceite e douramos os allos fileteados, fora do lume engadimos o pemento moido, remexemos e engadimos as patacas (ollo a quen non lle guste o sabor do allo).
Remexemos de seguido ata que as patacas se desfagan e tomen algo de cor.
O chourizo ibérico cortámolo en tiras e salteámolo nunha tixola (mellor antiadherente) a lume vivo ata que doure e quede crocante.
Na mesma tixola, despois de sacar o chourizo, fritimos os ovos de paspallás, podemos usar o mesmo molde (aceiro inox) co que montaremos o prato.
Poñemos o puré de patacas por riba da galleta salgada, ponse por riba un ovo  e unhas tiras de chourizo.